jueves, 17 de mayo de 2012

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Que día é hoxe?

Sí, tal e como di Rubén, hoxe, 17 de maio, celébrase o Día Das Letrs Galegas, e nesta ocasión o autor homenaxeado é Valentín Paz Andrade.
imaxe do CEIP Frian-Teis
A verdade é que, tal e como din as compañeiras de InnovArte Infantil, últimamente os autores non son moi axeitados para educación infantil, e cada ano temos que buscar o xeito de adaptar algunhas das súas obras ou fragmentos da súa vida para poder darllos a coñecer aos nos@s alumn@s.

Así, este ano, decidimos homenaxear simplemente á nosa lingua. Cada un de nós, profes incluidos, eliximos unha palabra en galego, unha palabra favorita ou unha palabra o algunha cousa que nos gustara moito. Estas palabras as escribimos nunhas nubes de cores e pasaron a decorar os nosos pasillos de infantil.
A continuación poderes ver un pequeno anaco da elaboración destas "nubes" con palabras, e se queredes ver o resultado final podedes ir directamente ao Blogui.
Click to play this Smilebox presentación
Create your own presentación - Powered by Smilebox

2 comentarios:

  1. Tuvéchedes unha idea estupenda. Si que é verdade que estes dous últimos homenaxeados son un pouquiño difícil de traballar cos máis pequenos especialmente o do ano pasado. Gústanme as vosas nubes de palabras. Unha aperta e FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS!!!!!

    ResponderEliminar
  2. Moitas grazas Ana. A verdade é que últimamente estano a por complicado para traballar cos máis pequenos, e hai que buscar alternativas, jeje.
    Moitos bicos e Feliz Día para ti tamén!!!

    ResponderEliminar