miércoles, 7 de septiembre de 2011

O PERIODO DE ADAPTACIÓN


[amandaymama.jpg]

A chegada dun neno á Escola Infantil é un gran acontecemento no su proceso de desenvolvemento, polo que cremos que é moi importante porse de acordo pais e educador@s para axudar ao nen@ a que esa adaptación sexa positiva.
O mundo afectivo do neno é o motor esencial do seu desenvolvemento emocional, social e intelectual, polo que o periodo de adaptación é un proceso no que o neno vai elaborando, emocionalmente, a pérdida e a ganancia que lle supón esa separación, ata chegar a unha aceptación da mesma.

A entrada na escola supón a primeira separación neno-familia e é moi importante a maneira de superala porque, se vive esto ben, axudaralle a resolver futuras sitauacións (entrada na escola primaria, a súa relación con persoas descoñecidas, etc.). Para o nen@ é a pérdida dun lugar definido, onde ten un espacio seguro e coñecido, cunhas persoas que están exclusivamente dedicadas a él/ela, e chegar a un lugar onde hai que compartir todo con outros nen@s, os obxectos, o espacio, o mestr@, etc.
O nen@ vive cunha gran ansiedade o momento da separación da súa familia; é unha separación no só física, tamén mental. Séntese menos protexido e seguro, séntese só, abandonado, con medo; entender esta vivencia e comprendela é fundamental para poder valorar a resposta do nen@ ante escola, os seus choros, a súa pasividade e os seu temor son respostas lóxicas ante o novo reto que debe afrontar. Os adultos, tanto pais como profesor@s deben dirixir este proceso para que o nen@ o supere sen traumas.
Por tanto, a entrada na Escola Infantil supón un cambio importante, implica unha salida do medio familiar no que se atopa seguro e protexido, no que ademáis ten un papel ou rol determinado, a un medio moito máis amplo que é a escola, no que as relacións son distintas e que para él se presenta como algo descoñecido.
Polo tanto, trátase de que neste periodo se adapte fundamentalmente a:
  • O espacio: coñezca o centro e as súas dependencias, a aula e os seus materiais.
  • Os adultos: distintos dos seus pais, avós, amigos...
  • A separación da familia e a súa aceptación.
Esto implica tempo e procuraremos adaptarnos aos ritmos personais de cada nen@. É un proceso que cada nen@ ten que realizar por sí mesmo.
Os nen@s comezan a escola con diferentes graos de madurez social e emocional.
É importante ter en conta de forma concreta aos alumnos con necesidades educativas especiais, que polas súas características necesitarán un maior apoio e atención que os seus compañeiros.
Aceptar que debe compartir ao adulto, que deixa de ser o centro de atención e que debe relacionarse con outros nen@s e axustarse a uns cambios espaciais e horarios é un proceso que lle fai madurar, pero que ao mesmo tempo lle pode resultar costoso.
É moi importante, polo tanto, adoptar unha actitud que favorezca e facilite esa adaptación. Os espacios e materiais, os tempos e as actividades a realizar durante este periodo deberán estar coidadosamente estudiados para facilitar este proceso en todos e cada un dos alumn@s. A incorporación progresiva dos alumn@s en pequenos grupos minimiza o esforzo de adaptación nos nen@s e facilita a labor do mestr@.
A adaptación non é sinónimo de chorar ou non chorar. Cada nen@ mostra a súa adaptación ou inadaptación de distintas maneiras.
Nós, pais e profesor@s, facilitaremos ou entorpeceremos, pero é él ou ela quen debe resolvelo, e se forzamos o seu ritmo natural o normal será unha actitude de rechazo e medo ao descoñecido.
Os pais e mestr@s tamén pasan polo periodo de adaptación.
Os pais tamén pasen polo periodo de adaptación; no fondo sentirán que están separándose de sur fill@, surdirán temores e dudas acerca do mestr@, do colexio... É moi importante que os pais non transmitan estos sentimentos e inseguiridades aos nen@s, pois dificultará o proceso de adaptación; polo contrario o mellor será que educador@s e pais se apoien para que o neno supere este proceso con éxito.
Por outro lado, o papel do mestr@ é moi importante, a súa habilidade, a súa empatía e equilibrio emocional posibilitará o manexo conductual na aula; él/ela tamén deberá adaptarse, xa que coñecerá as particularidades, os gustos, o que lle molesta a cada nen@..., de esta forma creará estrexias que faciliten un clima afectivo e adecuado para o aprendizaxe.

Suxerencias para pais e educadores:
  • Considerar as conductas de este periodo como normales, sen presións nen preocupacións, é unha etapa que pasa todo nen@, o mellor será axudalo, darlle a seguridad que necesita e apoiar ao mestr@ polo bienestar do nen@.
  • Cada nen@ é diferente, algúns demoran máis en adaptarse, compréndeo/a.
  • Teña coidado con transmitir aos nenos os seus temores, a súa ansiedade, aínda que eso esté pasando, é prudente conversalo con persoas adultas, pero sen perxudicar ao nen@.
  • Cando se deixa ao nen@ na escola, hai que deixalo con alegría, con seguridade e afecto. Non hai que acostumalo a que chore para que os pais regresen. Fale con él/ela previamente para que se sinta máis seguro.
  • Cando chore dígalle con tono firme e sereno que vai regresar. A súa actitude será transmitida ao nen@. Cando o recolla, sexa puntual, non cause nel sentimentos de abandono.
  • Converse con él/ela acerca do que fixo na escola, felicíteo polos seus progresos e polos seux xogos e actividades que realiza.
  • Na aula, debe respetarse o curso de adaptación que sigue o nen@. Estar en constante comunicación cos pais e brindar pautas e orientación.
  • Desenvolver reuniones de pais, nas que se brinde información sobre o proceso de adaptación, características comúns nos nen@s e pautas de acción. Compartir dudas, coñecementos e experiencias é o mellor entre pais e mestr@s.
Coa nosa tranquilidade e apoio axudaremos ao nen@ a afrontar o periodo de adaptación.

No hay comentarios:

Publicar un comentario